Síndrome da terminal
Domingo, 30 Marzo 2008
Hola amigos:
Non o vades crer, pero estamos en Bruselas... Aquí, dando unha voltiña por Europa antes de arrivar en Kiev.... O noso voo á Kiev foi cancelado pola Ucranian airlines (e sen avisar) e tiveron que amañarnos unha solución en Barajas pasando por Bruselas. Así que agora temos a síndrome da terminal: chegamos a Peinador as 6 da mañá, son as 5 da tarde e levamos dando botes de aeroporto en aeroporto, que todos parecen iguais, sen apenas tempo pra senta-lo cú un ratiño entre cola e cola, e ademáis nos faltan dúas maletas...! Cousas de viaxar en avión!! Agora teremos que esperar ata as sete menos cuarto para embarcar cara A kiev e chegaremos alí sobr as dez (as 9, hora ucraniana). Ainda que o colchón sexa como un chicle, penso durmir ata que me deixen... que xa me estou temendo que me van mandar levantar cedo para a cita no centro de adopcións...Sexa! A verdade é que estamos desexando que sexa pronto... A espera desespera.
Ata a próxima amigos. A ver si na próxima comunicación podo poñer unhas fotiñas.
Biquiños e ata logo.
Luci.